viernes, 30 de mayo de 2014

Clausura dos Talleres Europeos 2013-2014


O venres 30 de maio terá lugar a Clausura dos Talleres Europeos 2013-2014 da Universidade Sénior cunha sesión conxunta na que serán expostos públicamente os traballos realizados polos alumnos e alumnas. Os Talleres Europeos se desenvolveron no campus da Coruña e Ferrol ao longo do presente curso e os alumnos e alumnas participantes realizaron traballos de investigación sobre os seguintes temas: - Tapices flamencos na Galiza. - Encaixe de Camariñas e de Bruxas (Bélxica). - O Art Nouveau en A Coruña, Ferrol e Flandes. - O Comic galego e flamenco. - Literatura e Muller en Galicia e Flandes.